REPARTO DE LIBROS REIVINDICATIVO NO BURGO

O pasado 17 de agosto de 2016 celebramos un nefasto aniversario: o do peche da Biblioteca Central de Culleredo, a Biblioteca Miguel González Garcés do Edificio Servizos Múltiples do Burgo.

Durante os máis de 2 anos que durou o peche, desde o BNG - Asembleas Abertas de Culleredo reclamamos en numerosas ocasións a súa reapertura ou a búsqueda de alternativas para trasladar temporalmente estas instalacións a outro espacio. Ademáis, o seu peche deixou a Culleredo sen servizo de Biblioteca Central durante máis de 2 anos, o cal é de obrigado cumprimento en concellos de máis de 20.000 habitantes.

Para reivindicar a súa inmediata reapertura saímos á rúa para facer un reparto gratuito de libros que simpatizantes e afiliados donaron para a causa. A iniciativa foi acollida con moito agrado polas veciñas e veciños que atopamos ao noso paso e que agradecían a reclamación que estabamos facendo, xa que moitos víanse obligados a se desplazar ata Vilaboa ou A Coruña cos seus nen@s para poder acceder a un servizo bibliotecario.

 

13882223_833212526809725_160514916486885115_n

13939329_837028646428113_4395963921542109677_n

14054921_837087726422205_7661317772879595569_n