15 DE NOVEMBRO DE 2017 - DEBATE ABERTO SOBRE O TREN DE CERCANÍAS

O pasado 15 de Novembro de 2017 organizamos xunto á Plataforma pola Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas un debate aberto no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Houbo unha gran participación e interese dos asistentes pola infraestructura xa existente e a oportunidade que continuamos a perder de ter un transporte eficaz, eficiente e sostible para conectar o centro da cidade da Coruña con practicamente a totalidade da Comarca.

Na súa intervención, o noso Concelleiro Tono Chouciño salientou que en casos como este se esquecen os intereses sociais cando se tilda o transporte ferroviario de proximidade como un investimento insostible. Mentres xa se investiron miles de millóns de euros na alta velocidade para conectarnos con Madrid, unha infraestructura existente que podería dar solución aos accesos á cidade e nova vida aos concellos limítrofes queda esquecida e continúa a esmorecer.

Galiza, xunto con Extremadura, son as dúas únicas comunidades autónomas sen transporte ferroviario de cercanías no Estado Español.

 

IMG-1478

FullSizeRender

IMG-145623550359_1118643318266643_7922490404588760140_o