VISITA Á UNIVERSIDADE LABORAL

O pasado 14 de setembro de 2016 visitamos o IES Universidade Laboral, un centro educativo esencial no concello e estratéxico para a comarca e toda a provincia. Moitos dos que alí estudiamos recordamos un gran número de bachilleres e profesionais se formaron e conviviron no centro. 

Para coñecer as súas deificiencias e retos de futuro, e trasladalos ao goberno da Xunta, nos acompañaron nesta visita o Deputado Autonómico pola Coruña Xosé Luis Rivas "Mini" e a Deputada Provincial Ánxela Franco Pouso, quenes estiveron ben atentos ás necesidades do centro e as súas posibilidades de cara a seguir medrando e volvendo a poñer en funcionamento instalacións olvidadas ou infrautilizadas, tal é o caso da súa residencia de estudiantes.

Escoitamos atentos a visita guiada que nos ofreceu o Director do centro, Don Miguel Pena Rojas, quen entre outros proxectos falounos da necesidade de mellorar o sistema de calefacción do centro, unha instalación moi antiga e que está a dar numerosos problemas e a ocasionar elevados costes para o centro. Pareceunos moi interesante a súa idea de aproveitar a renovación do sistema de calefacción para innovar, educar e ofrecer alternativas enerxéticas a outras edificacións da contorna do centro, mediante a instalación dun "District Heating" a través de biomasa. Seguiremos moi de cerca este proxecto e apoiaremos accións futuras de cara a coñecer máis en profundidade este sistema e as súas posibilidades para a instalación no centro.

Outra das cuestións que levamos meses reclamando desde a nosa acción municipal e trasladando á Xunta é a situación na que se atopa a Biblioteca do centro, en total abandono e caendo a cachos literalmente. Unha edificación que recibiu numerosos premios e de característica singulariedade, hoxe se ven en desuso e en condicións lamentables de mantemento, como podedes apreciar nas imaxes. Cremos firmemente que este espazo podería ser de gran utilidade para os alumnos e alumnas e para a veciñanza de Culleredo, que non conta cunha gran biblioteca acorde á súa poboación.

14258073_853033288160982_3137083050904586551_o

14324508_853028618161449_6316325500679386719_o

14352527_853033158160995_6236257976218135956_o

14361442_853044598159851_5819528715099504822_o

14311207_853044601493184_4589900902865694188_o