AFORRO E EFICIENCIA

Solicitamos o cambio na periodicidade das Xuntas de Goberno

20170406 pleno

Tralo cambio na alcaldía é preciso afondar nunha revisión da organización municipal, empezando por unhas Xuntas de Goberno Local, que veñen durando entre 5 e 10 minutos, e que outros concellos de características similares ás de Culleredo celebran cada 15 días.

Solicitamos o cambio na periodicidade das Xuntas de Goberno

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo presentou, para o seu debate no Pleno que terá lugar mañán xoves, unha proposta de variación da periodicidade das Xuntas de Goberno Local, pasando de ser semanais, como até agora, a quincenais.

Este cambio está motivado polo reducido número de temas susceptíbeis de tratar e deliberar nesas xuntas, o que deriva que a gran maioría delas teña unha duración de entre 5 e 10 minutos, e cada unha ten un coste de 1000€ para as arcas públicas.

Para Tono Chouciño, portavoz nacionalista, este cambio permitiría un importante aforro económico que podería repercutir positivamente nos servizos que se prestan aos nosos veciñoa e veciñas, estaría na liña que que sucede en outros concellos de tamaño similar a Culleredo, e permitiría "facer unha revisión da organización municipal nun momento en que se produciu un cambio na alcaldía, para que non se quede nunha mera sucesión coma se esto fose unha monarquía".

Solicitamos o cambio na periodicidade das Xuntas de Goberno