A veciñanza de Culleredo esixe un subministro de auga potábel de calidade e a fin dos episodios constantes de turbidez

auga turbia o burgo
Auga turbia O Burgo

O BNG propón bonificacións para as persoas afectadas

As posibles deficiencias na rede poderían solucionarse coa licitación do servizo, que leva varios anos sen contrato

A veciñanza de Culleredo esixe un subministro de auga potábel de calidade e a fin dos episodios constantes de turbidez

O BNG de Culleredo colabora cunha iniciativa veciñal que pide que goberno municipal esixa á empresa concesionaria que solucione os problemas que orixinan a turbidez da auga, que se poñan en marcha bonificacións ou descontos para os usuarios que se ven prexudicados e que se licite de inmediato o contrato de subministración de auga potable, que leva varios anos sen contrato por ter rematado o anterior.

Así, o pleno ordinario do xoves debaterá unha proposta do BNG para incluír bonificacións aos usuarios nos días no que a calidade do subministro sexa deficiente, modificando a ordenanza fiscal 14, que establece a taxa da auga. O grupo nacionalista xa ten preguntado por estas incidencias en incontables ocasións ao goberno local e urxiu a tomar medidas para poñer solucións. Nin hai respostas convincentes, nin parece que se estea a traballar para mellorar a calidade do servizo.

A veciñanza de Culleredo sufre constantemente episodios de turbidez na auga potable dos seus domicilios desde hai varios anos. As queixas e reclamacións son constantes, xa que cando a auga vén suxa, os electrodomésticos ou a hixiene persoal teñen que pospoñerse. Ante esta situación, e empresa Gestagua, encargada de prestar o servizo de subministro de auga no concello de Culleredo, non ofrece explicacións aos usuarios, nin contraprestacións polas deficiencias.

A veciñanza de Culleredo esixe un subministro de auga potábel de calidade e a fin dos episodios constantes de turbidez