TRANSPARENCIA

O BNG pide explicacións pola tramitación urbanística dun centro educativo privado en Sésamo

20171008 sésamo recheo río valiñas
Recheo na zona da Ribeira no 2017

- Unha multinacional pretende construír un centro educativo privado en zona de
policía de río na Ribeira de Sésamo (Culleredo).

- Durante a exposición pública do Plan especial de dotacións requirida para a
autorización desta construción diferentes veciñas, veciños e colectivos presentaron
alegacións a este procedemento. Todas as alegacións foron “denegadas” polo goberno
municipal sen o debido estudio da súa argumentación.

- O BNG de Culleredo ven de reclamar que o expediente completa se someta a estudio
na vindeira Comisión de Urbanismo.

 

O BNG pide explicacións pola tramitación urbanística dun centro educativo privado en Sésamo

O BNG de Culleredo ven de reclamar o estudio completo das alegacións presentadas
pola veciñanza do noso concello, a nivel individual e a través de diferentes colectivos, e
que foron “denegadas” polo goberno municipal. O uso do verbo “denegar” na súa
resolución, en lugar dos verbos “estimar” ou “desestimar” segundo corresponda, reflicte
a falta de estudio e as súas argumentacións por parte do goberno municipal. O uso do
verbo “denegar” nega directamente o dereito a presentalas, inexplicablemente.

Como en calquera outro procedemento aberto á presentación de alegacións por parte
da veciñanza, as mesmas requiren de estudo en profundidade das súas
argumentacións, dado que son a oportunidade da cidadanía para expresar a súa
opinión sobre o mesmo, e a oportunidade do goberno para solventar calquera erro que
se poida ter cometido. Por respecto á veciñanza e pola súa vontade de transparencia, o
BNG de Culleredo presentou solicitude para que se poña a disposición da Comisión de
Urbanismo o expediente completo para poder someter a estudio todas as cuestións
expostas nas alegacións presentadas.

Ademais, o BNG de Culleredo denuncia a deturpación dos nomes de varios alegantes
que ven castelanizado o seu nome, constituindo unha falta gravísima de respecto, no
que semella un acto de desprezo intencionado para quen exerce o lecítimo dereito de
presentar alegacións.

O voceiro de BNG de Culleredo, Tono Chouciño, lembra ao Alcalde a súa “esquecida
vontade de transparencia, anunciada na súa primeira entrevista como Alcalde. Naquel
momento anunciaba un cambio de rumbo no goberno municipal a este respecto pero
actos como este demostran que a falta de transparencia estase a transformar nunha
negación dos dereitos da cidadanía
”.

 

O BNG pide explicacións pola tramitación urbanística dun centro educativo privado en Sésamo