GOBERNO MUNICIPAL

Aniversario da caída da cuberta do Parque das Brañas e sen solución á vista

20221001 CUBERTA PARQUE DAS BRAÑAS FONTECULLER 2
Fonteculler. Estado actual da cuberta do Parque das Brañas.

Nestes anos o goberno amousou a súa incompetencia para solucionar o problema.

Descoñécense as actuacións que se levaron a cabo para depurar responsabilidades e seguen sen explicar as causas da caída.

O BNG está a traballar na construción dunha alternativa de goberno que saque a Culleredo da parálise actual.

Aniversario da caída da cuberta do Parque das Brañas e sen solución á vista

Este domingo 2 de outubro fanse dous anos da caída do Parque das Brañas, na que felizmente non houbo de lamentar danos persoais, e que estaba coa obra parada e sen ser recepcionada.

A obra foi adxudicada e o contrato formalizado o 11 de abril de 2019, fixándose en 2 meses o prazo de execución das obras. Polo tando, acumulaba retrasos na súa execución, aínda que o Concello tiña pagado o 90% do estipulado no contrato (59.802,19€ de 64.467,41€) sen terlle reclamado á construtora indemnización algunha pola demora.

En todo este tempo o Concello amosou a súa incompetencia para solucionar un problema que mantén a estrutura metálica da cuberta no chan do parque. O que pretendía ser unha mellora convertíuse nun estorbo para o desfrute dun espazo público, fiel metáfora do que supón para o progreso de Culleredo o actual goberno municipal.

Rioboo e o seu goberno deben explicar cales son as causas que se ocultan detrás da súa inacción, porqué non foron quen de atopar unha solución, e aclarar calquera tipo de vencello coa empresa adxudicataria da obra.

O BNG de Culleredo demanda coñecer que tipo de actuacións se levaron a cabo para depurar as responsabilidades existentes na caída da cuberta, cando se vai proceder á retirada da estrutura, e que proxectos hai para a recuperación dese espazo público.

Culleredo precisa unha alternativa de goberno capaz de pór Culleredo e á súa veciñanza no lugar que lles corresponde, superando as dinámicas inmobilistas que na actualidade rexen o Concello, e o BNG está xa a traballar na súa construción.
 

Aniversario da caída da cuberta do Parque das Brañas e sen solución á vista