Marcha en defensa do tren

Marcha en defensa do tren

IMG-20131017-WA0000Culleredo, 24 de outubro de 2013.- O vindeiro domingo día 27 a PLATAFORMA COMARCAL EN DEFENSA DO TREN, da que forma parte o BNG, realiza unha viaxe reivindicativa en tren a Betanzos en defensa do transporte público e do ferrocarril de proximidade.

A saída está prevista dende a estación de San Cristovo no tren das 11.00, que fai parada na estación do Burgo sobre as 11.10, onde nos incorporaremos os e as compañeiras do BNG de Culleredo.

A chegada a Betanzos está prevista para as 11.36. Unha vez alí, desde a estación da cidade sairá unha marcha ata a Praza do Campo, onde terá lugar a intervención pública da plataforma.

As persoas que o desexen, poden reservar billete no correo [email protected], ou ben pódese mercar no tren durante o traxecto.

Dende o BNG de Culleredo facemos un chamamento a participar na defensa dun medio de transporte sostíbel, e a amosar o noso rexeitamento aos recortes nos servizos públicos, tamén no transporte por ferrocarril.

 

 

Marcha en defensa do tren