Desinterese medioambiental do goberno municipal

Desinterese medioambiental do goberno municipal

O pasado mércores día 9 tiveron lugar no CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galiza) unhas xornadas medioambientais que reuniron a importantes expertos en diversas áreas relacionadas con esa temática.

Un dos eixos desas xornadas era a Ría do Burgo, e a súa potencialidade medioambiental, social e pedagóxica, polo que dende o BNG-Asembleas Abertas de Culleredo valorouse a importancia de asistir, acudindo Tono Chouciño na súa representación.

En cambio non acudiu ninguén en representación do Goberno Municipal, malia ter recibido convite e ser a Ría un tema que debera ser de máxima importancia para o noso Concello, á vista das novidades sobre o proxecto extractivo dos fangos e as incógnitas que ese proceso presenta.

Tono Chouciño amosou a súa sorpresa por esta ausencia, manifestando que "ponse de manifiesto, unha vez máis, o concepto que ten o equipo de goberno de Culleredo meramente como un solar co que facer negocios"

Desinterese medioambiental do goberno municipal