Denuncias veciñais polo abandono de cortalumes e beiravías

Denuncias veciñais polo abandono de cortalumes e beiravías

P1020465 rdxVeciños de Culleredo denuncian a falta de limpeza dos cortalumes forestais, que conleva un importante perigo no caso de incendio.

Concretamente, o que ascende polo Xalo dende A Hermida de Ternande, en Celas de Peiro, dada a súa cercanía a vivendas habitadas é especialmente preocupante, pois acumula varios anos sen limpar, e as copas das árbores nalgún punto case rozan os cables eléctricos.

Expresan tamén o seu malestar polo estado das beiravías das estradas municipais, invadidas pola maleza, que dificulta o tráfico de vehículos e pon en grave perigo a peóns e ciclistas. Fan fincapé en que, mentras aos propietarios de fincas se lles envían notificacións dende o Concello para a súa limpeza, baixo ameazas de sancións económicas, neste caso é o propio Concello o que incumpre co seu deber.

Dende o BNG de Culleredo demandamos da Xunta e do Goberno municipal a revisión e control dos cortalumes e das estradas municipais, e a súa inmediata limpeza ante o risco que supoñen no seu actual estado.

Denuncias veciñais polo abandono de cortalumes e beiravías