O BNG denuncia as deficiencias na estrada de Liñares

O BNG denuncia as deficiencias na estrada de Liñares

O concelleiro do BNG-Asembleas Abertas, Tono Chouciño, denunciou no último pleno o estado no que quedou a estrada de Liñares, dependente da Deputación, tras as últimas obras que se realizaron nela, supostamente de mellora.

O voceiro nacionalista deu traslado as queixas recibidas das veciñas e veciños, que manifestan que tra-lo recente asfaltado queda un desnivel a ambas beiras da estrada que dificulta o tránsito tanto dos peóns como dos vehículos.

Tono Chouciño solicitou que se dera traslado destas queixas á Deputación Provincial, e reclamou máis ambición nos vindeiros proxectos.

"A día de hoxe non comprendemos que nas obras novas non se inclúa a construción de beirarrúas, que salvagarden a seguridade en vías que rexistran un importante tráfico de vehículos"

 

 

O BNG denuncia as deficiencias na estrada de Liñares