O BNG demanda solución aos problemas coa tarxeta de bus metropolitana

O BNG demanda solución aos problemas coa tarxeta de bus metropolitana

Esta semana volveron producirse incidencias no funcionamento das tarxetas prepago do bus metropolitano, que provocou que persoas usuarias deste servizo non se puideran beneficiar do correspondente desconto, que deixa o billete en 0,85€, tendo que pagar 1,50€ ou quedar en terra en caso de non dispor desa cantidade en efectivo.

Tono Chouciño demandou no Pleno Municipal a mediación do goberno municipal na defensa dos seus veciños e veciñas, ante os prexuízos que esta situación lles causa aos usuarios do transporte público, e a reiteración dos fallos.

Lamentablemente a única constestación obtida do Alcalde de Culleredo, Sr. Julio Sacristán, foi que os prexudicados podían reclamar a diferenza do billete no despacho da compañía na Estación de Autobuses da Coruña.

Ante esta situación, dende o BNG-Asembleas Abertas de Culleredo vémonos na obriga de demandar do Goberno Municipal que actúe na defensa dos seus veciños e veciñas, e que se "exixa da Xunta de Galiza unha solución definitiva a un sistema que nunca funcionou correctamente", manifestou Tono Chouciño.

O BNG demanda solución aos problemas coa tarxeta de bus metropolitana