O BNG demanda a instalación de zonas de nível 3 nos parques infantís

O BNG demanda a instalación de zonas de nível 3 nos parques infantís

Perante o anuncio do Goberno Municipal de novas inversións nos parques infantís, dende o BNG de Culleredo solicitamos se instalen zonas de nível 3, deseñadas e pensadas para xogar a un só nivel, o do chan, permitindo interactuar a nenos con diferentes capacidades físicas.

Non hai tanto tempo, falar de accesibilidade nas áreas de xogos infantís era un tema novo. A evolución é lóxica e vanse abrindo opcións e multiplicando os recursos. Cada día hai máis preocupación colectiva, e xa non son só algúns fabricantes que se van especializando, senón tamén Organismos e Fundacións internacionais como a Design For All Fundation, Säjai Foundation, Shanes Inspiration e moitas outras, que aúnan os seus esforzos para conseguir que cada día haxa máis implicación por parte de todos en que os elementos cos que interactuamos día a día nos unan e non nos discriminen.

Buscamos do Concello de Culleredo un compromiso común cara á accesibilidade

ROGAMOS valoren a posibilidade de incluír nos parques infantís estas zonas que permiten a continuidade do pavimento en todo momento, sen barreiras, sen elementos aparatosos, con actividades accesibeis a todos os nenos e nenas, tal e como xa existen en outros lugares. sen facer diferenzas por capacidades físicas.

O BNG demanda a instalación de zonas de nível 3 nos parques infantís