O BNG demanda a creación dun Servizo de Vixilancia e Protección Urbanística

O BNG demanda a creación dun Servizo de Vixilancia e Protección Urbanística

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo demanda do Goberno Municipal a creación dun Servizo de Vixilancia e Protección Urbanística, ferramenta esencial e habitual en concellos do noso mesmo tamaño, que unifique as competencias que actualmente se encontran dispersas polos diferentes departamentos municipais causando un evidente descontrol que a medio e longo prazo repercute negativamente tanto nos nosos veciños e veciñas como no propio Concello.

O Concello de Culleredo non pode limitarse a actuar só a instancias das denuncias veciñais, como se está a ver na actualidade en Sésamo, coa antena da telefonía e o picadeiro, na Zapateira, coas obras do Casino, ou en Fontemaior, con reparcelacións en terreo rústico, asumindo nalgún caso o papel de avogado defensor dos infractores, chegando a coaccionar aos funcionarios para que modifiquen os seus informes, o que leva a pensar se hai algún interese na actual falta de control.

Para Tono Chouciño o descontrol actual non só afecta a Urbanismo, senón que tamén se extende a outras áreas, e puxo como exemplo as obras realizadas no entorno de Tierno Galván "con tres departamentos implicados, os tres baixo a dirección do mesmo responsábel político, e onde só se actuou a remolque das denuncias do BNG".

O BNG demanda a creación dun Servizo de Vixilancia e Protección Urbanística