O BNG busca apoios para o novo CEIP

O BNG busca apoios para o novo CEIP

O representante do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, Tono Chouciño, solicitou na Xunta de Voceiros de pasado venres, o apoio para a aceleración da construción do novo Colexio de Infantil e Primaria.

En concreto, e ante a celebración este martes 22, no Pleno do Parlamento Galego, do debate das emendas aos orzamentos da Xunta para 2016, solicitou a aqueles grupos municipais que contan con representación parlamentaria transmitisen a necesidade de incrementar as partidas previstas para o novo centro, e o apoio á emenda presentada polo BNG solicitando a dotación suficiente de fondos.

Tono Chouciño lembra que os grupos municipais aprobaron por unanimidade no Pleno de setembro a declaración de urxencia na construción do novo colexio, para conseguir a súa entrada en funcionamento no curso 2016/2017, ".

 

O BNG busca apoios para o novo CEIP