EDUCACIÓN

O BNG reúnese coas familias afectadas pola falta de persoal de apoio no Rego de Trabe

Mercedes Queixas e Tono Chouciño con membros da comunidade educativa de Culleredo (imaxe de arquivo)
Mercedes Queixas e Tono Chouciño con membros da comunidade educativa de Culleredo (imaxe de arquivo)

Tono Chouciño, voceiro do BNG de Culleredo, e Mercedes Queixas, deputada nacionalista, reuníronse esta semana coas familias afectadas.

Mercedes Queixas recolleu as demandas para darlles traslado no Parlamento de Galiza.

O BNG xa ten denunciado que o IES Rego de Trabe impartira clases en dous edificios separados por unha rúa con tráfico rodado.

Culleredo segue sen ter un mapa escolar acaído á súa realidade.

O BNG reúnese coas familias afectadas pola falta de persoal de apoio no Rego de Trabe

O voceiro do BNG de Culleredo, Tono Chouciño, e a parlamentaria nacionalista Mercedes Queixas reuníronse esta semana coas familias do IES Rego de Trabe afectadas polas carencias de persoal especializado no apoio ao alumnado con diversidade funcional.

Tono Chouciño trasladou ás familias o apoio da fomación ás reivindicacións solicitadas e a que a Corporación municipal se pronuncie para reclamar da Consellaría de Educación os recursos precisos para cubrir as necesidades de apoio.

Mercedes Queixas, que estivo presente na manifestación de Bergondo, recolleu as demandas das familias para darlles traslado ao Parlamento de Galiza, pois teñen dereito á Educación en condicións de igualdade.

O BNG local xa denunciou públicamente no seu momento e rexeitou que este IES tivera dous edificios separados por unha rúa con tráfico rodado e importantes carencias de mobilidade, para as que se reclamou solución a través de emendas aos orzamentos da Xunta dos últimos anos.

Situacións coma esta son consecuencia da carencia dun mapa escolar adaptado á realidade de Culleredo, e que tantas veces se ten reclamado.

O BNG de Culleredo convida a toda a veciñanza, tanto a nivel particular como de colectivos e asociacións, a solidarizarse co alumnado afectado, xa que ninguén está libre de atoparse nesta situación en calquera momento.

 

O BNG reúnese coas familias afectadas pola falta de persoal de apoio no Rego de Trabe