O BNG leva ao Parlamento o mal funcionamento dos comedores escolares

O BNG leva ao Parlamento o mal funcionamento dos comedores escolares

O BNG rexistrou varias iniciativas no Parlamento Galego nas que se demanda da Consellaría de Educación explicacións da situación dos comedores escolares, e a intervención de Sanidade revisando todos os servizos e elaborando un plan de calidade, así como o retorno á elaboración das comidas nos propios centros, primando produtos galegos de calidade "e non que o caldo viaxe dende Málaga", en palabras de Carme Adán.

O BNG de Culleredo seguirá a traballar para dar cunha solución definitiva ao problema, pois o cambio de concesionaria resolve o mal estado das comidas servidas pero non o problema da falta espazo, que a súa vez impide a educación en valores saudábeis, pois segue sen garantirse a correcta hixiene de mans e de boca antes e despois do xantar, respectivamente.

Dentro dese traballo dende as institucións, o BNG-Asembleas Abertas de Culleredo promoveu unha emenda aos Orzamentos da Xunta de Galiza do 2016, actualmente en trámite, para a mellora das instalacións dos comedores escolares no Sofía Casanova, Díaz Pardo e Ría do Burgo e a dotación de cociñas.

Presentouse tamén unha emenda para a execución do novo CEIP no vindeiro ano 2016, para a súa posta en funcionamento no menor prazo posíbel, e aliviar así a masificación dos centros xa existentes, que é unha das causas dos actuais problemas.

Interpelación calidade servizo comedor

Pregunta para resposta escrita

Pregunta oral para resposta en Pleno

Pregunta oral para resposta en Comisión

Proposición non de Lei para debate en Pleno

Proposición non de lei para debate en Comisión