DENUNCIA

O BNG denuncia a Julio Sacristán por vulneración de dereitos fundamentais

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo presentou denuncia ante os Xulgados do Contencioso-Administrativo por vulneración dos dereitos fundamentais por parte do Goberno Municipal, ao non incluír, até en 3 ocasións (nos plenos de xaneiro, febreiro e marzo) na orde do día dos plenos unha petición de comparecencia do Alcalde.

O BNG denuncia a Julio Sacristán por vulneración de dereitos fundamentais

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo presentou denuncia ante os Xulgados do Contencioso-Administrativo por vulneración dos dereitos fundamentais por parte do Goberno Municipal, ao non incluír reiteradamente na orde do día dos plenos unha petición de comparecencia do Alcalde, Julio Sacristán, para dar explicacións pola súa condena penal por ameazas a un Policía Local para que modificase un informe realizado por outro membro da Policía Local.

Segundo explica Tono Chouciño, voceiro nacionalista, a solicitude presentouse até en tres ocasións, nos meses de xaneiro, febreiro e marzo, sen que fose atendida polo Goberno Municipal. De ser aprobada polo Pleno, a comparecenza tería lugar no seguinte, dadordo co Regulamento Orgánico Municipal.

A negativa á inclusión da petición na Orde do Día do Pleno impide polo tanto o exercizo efectivo dunha das funcións dos grupos políticos da oposición, como é a fiscalización e o control da acción do Goberno, vulnerando o artigo 23 da Constitución, tal e como recollen e recoñecen diversas sentencias xudiciais.

Para Tono Chouciño "sen entrar nas explicacións que Julio Sacristán queira ou non dar ante o Pleno, a negativa reiterada a tramitar tan sequera a solicitude deixa ver ben ás claras o concepto que teñen do Concello como a súa finca privada, onde non teñen que dar explicacións por nada".