urbanismo
Novas
Rúa do Souto, onde a edificación prevista elevarase até 20 metros sobre o nivel da rúa.

Regreso ao pasado. O Culleredo de José Ramón Rioboo.

- O proxecto presentado polo Concello para o Pazo dos Serrano confirma o nulo interese do Goberno Rioboo por aprobar o novo PXOM e a súa querencia por un concepto de urbanismo ancorado no pasado.

- O proxecto desbarata as previsións de preservar un espazo verde de gran valor para o desfrute dos veciños e veciñas de Vilaboa.

- Ingnóranse as advertencias da Xunta sobre o impacto da construción de edificios de até 6 alturas nun entorno con vivendas unifamiliares e edificacións catalogadas.

- O BNG solicitará o acceso e a publicación na Sede Electrónica de todo convenio existente entre os propietarios dos terreos e o Concello e elaborará un documento de alegacións que poñerá ao dispor da veciñanza.

 

Ler novas
Novas
Tráfico na Laxe

O BNG reivindica unha circunvalación para acabar cos atoamentos de tráfico na Laxe

Rúas estreitas e exceso de tráfico, con autobuses incluidos, provocan fastío diario a conductores e veciños.

A idea da nova estrada está recollida no novo PXOM, que leva case unha década estancado en tramitación; pero Rioboo suxeriu que podería non ser necesario renovar o plan.

O goberno local negouse a incluir a proposta na orde do día do pleno ordinario deste mes de setembro.

Ler novas
Novas
Pegada sonora do aeroporto coruñés

O BNG de Culleredo demanda un pleno extraordinario urxente para axilizar as alegacións municipais á ‘pegada sonora’

O goberno local prometeu convocar a Comisión Especial do Aeroporto e o seu comité técnico, mais segue na inacción

Convida ao resto da oposición a unirse á petición

O BNG ten listas as súas alegacións para a veciñanza, a falta do que se poida engadir tras esa sesión técnica

Ler novas
Novas
imaxe aérea AC14 AP9 aeroporto

O BNG solicita a creación da Comisión Especial do PXOM

O BNG de Culleredo presentou unha moción reclamando a constitución inmediata da Comisión Especial de seguimento do novo proxecto de PXOM despois de que o goberno municipal leve máis de 7 meses prometendo a súa creación.

Este organismo, que xa fóra convocado na anterior lexislatura a petición do BNG, é o foro de información para todos os grupos políticos da corporación sobre os avances na redacción do proxecto.

Ler novas
Novas

O goberno do PSOE incumpre as resolucións do Pleno sobre o Vial18

O Pleno Municipal aprobou o 28 de xuño por unanimidade, a proposta do BNG, demandar á Xunta e a Fomento un estudo das alternativas de conexión entre a AP9 e o aeroporto, e a súa publicación antes de realizar a escolla.

Das declaracións do Goberno Municipal despréndese que nestes 7 meses non fixeron ningunha xestión perante esas Administracións, a mesma inacción que amosan na aprobación do novo PXOM e no retraso de presentar os orzamentos para 2019.

Ler novas
Novas
solar Costa da Lonxa

O BNG solicita o acondicionamento do solar da Costa da Lonxa

O uso deste solar xa foi motivo de investigación xudicial diante das denuncias de funcionarios municipais que remitian a informes desfavorábeis á situación de uso privado como aparcamento que aínda ten.

O Goberno de José Ramón Rioboo, instalado no "futuro imperfecto" de anuncios que tarde o nunca se fan realidade, segue sen levar adiante ningún tipo de actuación para a súa recuperación e adecuación.

Agardamos que entre os proxectos que se escollan para presentar ao POS+ da Deputación o Goberno Municipal inclúa a proposta do BNG para este espazo. 

Ler novas
Novas
CEIP Ría do Burgo actualidade

O BNG pide o acceso á listaxe de convenios urbanísticos

A existencia desta listaxe nunca fora mencionada polo Goberno Municipal, malia as múltiples peticións de acceso á información do representante do BNG, coñecéndose a súa existencia pola resposta á Valedora do Pobo.

O Concello de Culleredo debe establecer mecanismos para garantir ese dereito de acceso á información, evitando estratexias dilatorias para entorpecer o acceso a certas informacións que parece que non queren que se coñezan.

Ler novas
Novas
2018 04 24 valedora do pobo convenios urbanísticos rc

A Valedora do Pobo lembra por segunda vez ao Goberno Municipal as súas obrigas

A petición de información está baseada na solicitude do voceiro do BNG, Tono Chouciño, para acceder aos expedientes dos convenios urbanísticos asinados polo Concello de Culleredo.

Esta información é imprescindíbel para analizar o proxecto de PXOM en trámite, pois poden condicionalo e mesmo ameazar a estabilidade financeira do Concello

Ler novas