Novas
apagón en Vilaboa

Queixas polo mal funcionamento do servizo de mantemento do alumeado público

O BNG trasladará as queixas recibidas polo mal funcionamento do servizo de mantemento do alumeado público, que nos costa 265.000 € anuais, e a súa ineficacia na reparación de incidencias.

Pediranse explicacións polo incumprimento do establecido nos pregos de contratación no referente á existencia dun servizo 24 horas para atención de avisos.

Os empregados públicos de servizo deben dispor dunha instrución clara de como dar traslado inmediato das incidencias ao operario de garda.
 

Ler novas
2018 novo plan director máxima expansión do aeroporto

Demandamos ao Goberno Municipal que se poña a traballar

Por segundo mes consecutivo o Goberno Municipal non presentou proposta algunha ao Pleno para a súa aprobación. Isto demostra a carencia da máis mínima capacidade de iniciativa política do Goberno de José Ramón Rioboo e a súa total falta de ideas, que levan a Culleredo á paralización.

Malia os múltiples anuncios, o PXOM segue paralizado e o número de servizos públicos que carecen de contrato vai en aumento, cando eran coñecedores de que a Lei de Contratos aprobada en novembro de 2017, que entrou en vigor en marzo deste ano, ía implantar directivas europeas, aprobadas no 2014, que buscan loitar contra a corrupción.

Se o BNG non demanda a creación urxente dunha Comisión de Seguimento do Plan Director do Aeroporto aínda estaríamos agardando pola reacción do Goberno Municipal.

Ler novas
Fonteculler letras buxo

O BNG pide responsabilidade e compromiso ao Goberno de Culleredo

O BNG de Culleredo demanda ao Goberno Municipal maior grao de responsabilidade, rigor e compromiso no seu traballo, sen agocharse detrás das restriccións que a Lei Montoro impón, que xa deberan coñecer.

A política do Goberno de Rioboo baséase en anuncios sen base técnica nen económica que os sustente, en tanto que hai proxectos aprobados e dotados orzamentariamente que levan anos agardando pola súa execución.

O BNG trasladou ao Goberno Municipal propostas para aumentar os ingresos, para ter recursos sen recurrir ao remanente, sen que se producise avance nengún.
 

Ler novas
Vilaboa Camiño da Carballeira cortado

Queixas polo corte dun camiño en Vilaboa

Segundo as testemuñas, o camiño da Carballeira trátase dun camiño tradicional que leva moitísimos anos aberto ao público.

O BNG trasladou as queixas recibidas ao Goberno Municipal, preguntando pola situación do camiño e se figura ou non no inventario de camiños públicos.

Ler novas
asolagamento novo colexio

Preguntamos polo mantemento da recollida de pluviais da autoestrada

O recente episodio de intensas choivas na comarca provocou un gran asolagamento nas inmediacións do colexio novo, con máis de medio metro de altura, que puido provir do sistema de pluviais da autoestrada.

O BNG, que xa demandou en repetidas ocasións medidas que mitiguen o impacto da AP9 en Culleredo, pide a elaboración dun informe polos técnicos municipais, á vista dos continuos asolagamentos nese punto, que poida ser posto á disposición da veciñanza para posíbeis reclamacións ao Consorcio de Seguros.

Ler novas
vial18 proxecto rexeitado

O Pleno aproba estudar as alternativas para o acceso á autoestrada AP9

A iniciativa, presentada polo BNG e aprobada de xeito unánime, demanda á Xunta e a Fomento a realización e publicación dun estudo rigoroso das alternativas para un acceso á AP9 e a súa conexión co aeroporto e a terceira rolda.

Precisamos saber as fortalezas e debilidades das distintas opcións para podermos facer a mellor escolla en termos económicos, sociais e medioambientais.

Ler novas
Vídeo
O Mapa Escolar de Culleredo no Parlamento de Galiza

O Mapa Escolar de Culleredo no Parlamento de Galiza

Trasladamos ao Parlamento de Galiza da man do Deputado nacionalista Luis Bará a vital importancia para Culleredo de contar cun Mapa Escolar ordenado, claro e con sentido común, para que os nosos pequenos e as súas nais e pais poidan contar cunha oferta educativa pública e de calidade.
Ler novas
plan director do aeroporto

Solicitamos a creación dunha comisión especial de seguemento do Plan Director do Aeroporto

Solicítase ao Pleno a súa creación e convocatoria urxente para comezar a traballar de xeito inmediato, ao ser o prazo de revisión e de presentación de alegacións de 45 días.

Deberían facer parte da Comisión todos os grupos políticos con representación no Concello, e contar coa asistencia dos técnicos municipais que están a estudar o documento, recollollendo as achegas de colectivos e persoas afectadas.

Ler novas
Río Trabe - obra muro contención

Investigacións abertas polas obras do Río Trabe

A execución da obra ten un requerimento do Xulgado nº3 por unha denuncia do servizo do PACPRONA da Garda Civil.

Augas de Galiza tamén abriu expediente sancionador pola realización de obras que incumpren a autorización dada, que pode derivar nunha sanción de 30.000€

De confirmarse a sanción, o BNG pedirá a repercusión patrimonial da mesma ás persoas responsábeis.

Ler novas