MEDIO AMBIENTE

Novo verquido no Río Valiñas

verquido 20170922
Verquido no río Valiñas

É a segunda vez en 10 días que veciños da zona se poñen en contacto co BNG-Asembleas Abertas de Culleredo denunciando feitos similares, dos que se deu translado ao SEPRONA, á Policía Local e ao 112, así como a asociacións de defensa da natureza.

Novo verquido no Río Valiñas

Hoxe detectouse un novo verquido no Río Valiñas, entre las localidades de Rumbo e Ledoño.

É a segunda vez en 10 días que veciños da zona se poñen en contacto co BNG-Asembleas Abertas de Culleredo denunciando feitos similares, dos que se deu translado ao SEPRONA, á Policía Local e ao 112, así como a asociacións de defensa da natureza.

Segundo testemuños de persoas que viven nas proximidades deste río, dende hai algún tempo "unha vez á semana a auga baixa turbia e con espuma, coma se levara xabrón", sendo os destas dúas últimas semanas moito máis intensos, ao seu parecer.

O voceiro nacionalista, Tono Chouciño, agradeceu a información facilitada por estas persoas e polas que denunciaron os verquidos e facilitaron fotos dos mesmos.

"Onte mesmo preguntei nas Comisións Informativas sobre estes verquidos, por se constaban máis denuncias, sen outra resposta do Alcalde que as evasivas habituais. Agardamos que as autoridades tomen cartas no asunto e cheguen até a orixe destes verquidos".
 

Novo verquido no Río Valiñas