LIMPEZA VIARIA

O BNG pedirá máis melloras no contrato de limpeza viaria

Aínda que conseguimos a inclusión da instalación de pipicáns e da realización de campañas anuais de concienciación, seguiremos intentando incorporar outras, como as cláusulas sociais.

O BNG pedirá máis melloras no contrato de limpeza viaria

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo solicitou a introdución de diversas melloras, procedentes das numerosas achegas que nos realizaron as veciñas e os veciños, ao prego de prescricións técnicas do Contrato de Limpeza Viaria, que o Goberno Municipal levou por primeira vez ao Pleno o mes pasado e finalmente non foi aprobado.

O BNG celebra a incorporación de algunhas desas achegas, como a instalación de pipicáns, o uso neles das follas das árbores das beirarrúas, ou a realización de campañas anuais de concienciación para a limpeza viaria, e seguirá a traballar para conseguir a incorporación de outras que aínda non foron aceptadas, a máis importante a inclusión no contrato de cláusulas sociais.

Esto último está contemplado pola lexislación actual, que permite a contratación deste tipo de traballos con Centros Especiais de Emprego e Empresas de Inserción Sociolaboral. Outros concellos da contorna, de tamaños e características similares ao noso, xa fixeron uso desta posibilidade, e progresivamente se están a sumar novos concellos.

Tono Chouciño manifestou que o BNG-Asembleas Abertas seguirá a traballar para seguir a mellorar o noso Concello "e construir consensos o máis amplos posibles para sacar a Culleredo do letargo no que parece estar sumido, con ostensíbeis dificultades de adaptación aos novos tempos".

 

 

O BNG pedirá máis melloras no contrato de limpeza viaria