PREVENCIÓN

O BNG demanda responsabilidade do Goberno Municipal de Culleredo

Rúa en Rutis

Todos os anos o Goberno de Culleredo repite as mesmas excusas, sen que se aprecien melloras no control da limpeza dos soares nin no control das distancias ás casas de plantacións de especies que axudan a propagar o lume.

Pola súa parte AENA ten requirido ao Concello a corta de árbores na zona de afectación do aeroporto. Que se ten feito con respecto a isto? 

As autoridades deben tomarse en serio as súas responsabilidades.  

O BNG demanda responsabilidade do Goberno Municipal de Culleredo

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo rexeita as excusas expostas polo Goberno Municipal perante a súa falta de control na limpeza de soares e nas distancias das plantacións de especies pirófitas ás vivendas e industrias.

"Levamos anos insistindo no desbroce das cunetas e en que se requira dos particulares a limpeza das fincas, e sempre escoitamos as mesmas excusas", manifesta Tono Chouciño.

Na opinión do voceiro nacionalista esta inactividade leva a que a situación se agrave ano a ano, "din que non poden localizar aos propietarios, cantos anos se pode tardar en localizalos? porque hai fincas coas que sempre hai problemas e é a inactividade do Goberno Municipal, que só actúa a denuncia dos veciños e veciñas, a que fai que cunda o mal exemplo e a sensación de impunidade".

O representante do BNG alertou sobre o requerimento de AENA para cortar árbores na zona de afectación do aeroporto, preguntándose se estaba a ser atendida coa dilixencia debida.

"A seguridade debe entenderse un sentido amplo e tomarse en serio desde as autoridades responsábeis. Tamén polo noso goberno municipal."
 

O BNG demanda responsabilidade do Goberno Municipal de Culleredo