Reclamamos ao alcalde que aclare por que as vivendas na 'pegada sonora' quedarían fóra de ordenación

Avión Albedro
Avión no aeroporto de Albedro

Debe aclarar canto antes por que dixo no Pleno que as vivendas do ámbito da pegada sonora quedaban “fora de ordenación”.

O alcalde imcumpre o compromiso do pasado 26 de Novembro de convocar a Comisión Municipal do Aeroporto.

O prazo de alegacións da pegada sonora remata o 28 de Decembro e do goberno municipal nada se sabe.

Reclamamos ao alcalde que aclare por que as vivendas na 'pegada sonora' quedarían fóra de ordenación

O BNG de Culleredo celebrou unha palestra telemática con asistencia de expertos en Dereito que negaron que as autoridades de aviación teñan a competencia para decidir o planeamento urbanístico de Culleredo. De ningunha maneira poden decidir se os inmobles ou solares quedan “Fora de ordenación” pois iso tería que ser unha decisión municipal e nada se ten tramitado ao respecto. 

Pero así foi como o afirmou o alcalde no Pleno de novembro cando o BNG lle trasladou as preocupacións da veciñanza, e manexando un infórme técnico que se comprometeu a enviar por escrito ao BNG pero que aínda non recibimos,.

Tamén solicitara anteriormente en Pleno o BNG que se convocase canto antes a Comisión Especial do Aeroporto para a que o Goberno Municipal debería aportar informes técnicos que permitiran elaborar alegacións á recente publicación das Afeccións Acústicas Aeronáuticas no BOE. A día de hoxe, transcorridas sete das nove semanas de prazo, aínda non se concovou. Mesmo falou daquela de que estaba “contratando” a asesoría dunha empresa especializada para avaliar e redactar as alegacións. Ao BNG nada se lle volveu trasladar ao respecto.

Non é a primeira vez que sucede. Xa en 2018, diante do inicio da tramitación do novo Plan Director do Aeroporto, pasou o mesmo. Todas estas irregularidades non transmiten tranquilidade á cidadanía que ve como os seus fogares están sempre nunha situación de incertidume diante dun Goberno Municipal que non os defende. Mentres tanto, o BNG de Culleredo xa está preparando o seu propio modelo de alegacións coas achegas e conclusións estraidas da palestra organizada con expertos o pasado xoves.

 

Reclamamos ao alcalde que aclare por que as vivendas na 'pegada sonora' quedarían fóra de ordenación