TRANSPARENCIA

Preocupación polas consecuencias da anulación do nomeamento do Xefe de Servizo de Medio Ambiente

O BNG de Culleredo ven denunciando múltiples irregularidades en obras públicas realizadas polo Goberno Municipal que deron lugar xa a sancións por parte doutras administracións.

Son preocupantes as repercusións que podan derivar dos actos administrativos nos que participou un cargo cuxo nomeamento é agora anulado por sentencia xudicial.

O Goberno Municipal rechazou continuamente depurar responsabilidades polas irregularidades en obras públicas levadas a cabo pola súa administración.

Preocupación polas consecuencias da anulación do nomeamento do Xefe de Servizo de Medio Ambiente

O BNG de Culleredo amosa a súa preocupación pola recente sentencia xudicial que anula o nomeamento do Xefe de Servizo de Medio Ambiente por incumprimento das bases para a súa selección, pola posíbel repercusión xurídica que teña nos actos administrativos nos que interviu durante o seu exercizo do cargo.

No momento do seu nomeamento, xuño de 2017, era concelleiro de Obras e Medio Ambiente o actual alcalde, José Ramón Rioboo, época na que o BNG denunciou distintas irregularidades na xestión das obras públicas.

Unha desas obras públicas foi a do Río Trabe, na que houbo múltiples incidencias durante a súa realización que deron lugar a sancións por parte de Augas de Galiza, e que a día de hoxe aínda non foi recibida nen pagada polo Concello de Culleredo.

Tono Chouciño lembra que "no seu momento pedimos depurar responsabilidades por esta e outras obras pero o Goberno do PSOE, sempre co apoio incondicional dos mesmos, impediuno. Agora veñen as sancións, aparecen as primeiras fendeduras. Preguntámonos pola validez de obras validadas irregularmente. Culleredo non merece isto. É necesario que entre aire limpo no Concello."

Preocupación polas consecuencias da anulación do nomeamento do Xefe de Servizo de Medio Ambiente