URBANISMO

Paralizadas as obras de EMALCSA por carecer de licenza

obras EMALCSA Ribados
Obras de Emalcsa paralizadas na Avenida de Ribados

Técnicos municipais paralizaron as obras de EMALCSA despois de interesarse o reprentante do BNG, Tono Chouciño, pola súa situación.

As obras carecen do título habilitante, que é a licenza de obras, e das autorizacións previas das administracións afectadas.

Segundo o informe do Xefe de Urbanismo só contan con "un documento de seguridade e o nomeamento dun coordinador de seguridade ao que se unen uns planos soltos".

Hai unha escandalosa falta de control e de coordinación entre os distintos departamentos municipais, derivada da incapacidade manifesta dos seus responsábeis políticos.

Paralizadas as obras de EMALCSA por carecer de licenza

Técnicos municipais paralizaron as obras que a Empresa Municipal de Augas da Coruña estaba a realizar na contorna da rúa Ribados, Avenida de Rutis e no recinto deportivo da Laboral, após interesarse o representante do BNG, Tono Chouciño, pola súa situación.

Segundo o informe do Xefe de Servizo de Urbanismo, a obra carece de título habilitante, a licenza de obras, constando apenas con "un documento de seguridade e o nomeamento dun coordinador de seguridade ao que se unen uns planos soltos". Tampouco se ten constancia da existencia das preceptivas autorizacións previas emitidas polas distintas administracións afectadas.

Tal e como consta nese informe e puido comprobar o BNG de Culleredo, no recinto deportivo da Laboral as obras puideron ter afectado ao humidal existente, infrinxindo o Plan Especial da Universidade Laboral, empregar maquinaria pesada que provocou un deterioro do entorno evidente para calquera.

Para Tono Chouciño "é escandaloso a falta de control, a impunidade coa que parecen actuar grandes empresas, aínda sendo estas de carácter público como no caso de EMALCSA. Pero é aínda peor a falta de coordenación entre os distintos departamentos municipais, derivada da incapacidade manifesta dos seus responsábeis políticos. Como pode ser que a policía local aprobe un dispositivo de tráfico para unha obra que non conta con licenza? Como pode ser que unha obra de esa envergadura non se comprobe se liquidou os correspondentes impostos? Quen controla as obras que se fan no recinto da Laboral?"

"O BNG está disposto a pór fin ao descontrol reinante na Administración municipal de Culleredo, e despois das vindeiras eleccións municipais formar un goberno que depure as correspondentes responsabilidades e impulse ao noso Concello ao lugar que os nosos veciños e veciñas merecen".

Paralizadas as obras de EMALCSA por carecer de licenza