TRANSPARENCIA

O BNG recorre as asignacións económicas aprobadas no Pleno Municipal de Organización

O Concello de Culleredo é un cascarón baleiro

O BNG de Culleredo presentou recurso de reposición contra as asignacións económicas e características do persoal de confianza aprobadas no Pleno de Organización.

Foron detectadas eivas que nos levan a solicitar a nulidade de pleno dereito dos acordos aprobados.

A documentación achegada ao Pleno contiña imprecisións totalmente inadmisíbeis.

O BNG recorre as asignacións económicas aprobadas no Pleno Municipal de Organización

O BNG de Culleredo presentou recurso de reposición contra as asignacións económicas e as características do persoal de confianza aprobadas no Pleno Municipal de Organización que tivo lugar en Culleredo o pasado martes 2 de xullo.

No escrito presentando, exponse como a Interventora titular enunciou a posíbel existencia de irregularidades na proposta presentada, baseándose na inexistencia de crédito suficiente e dun plan económico financeiro que determinara o cumprimento ou non da regra do teito de gasto.

Logo dunha suspensión temporal do Pleno, a Interventora reafirmou o seu reparo na ausencia de plan económico financeiro, e a maioría do PSOE aprobou as propostas presentadas sen que en nengún momento se lles achegara aos demais concelleiros e concelleiras, que debían votar e decidir sobre o asunto, documentación xustificativa nun ou noutro senso.

O BNG de Culleredo, unha vez feita unha revisión dos puntos en cuestión e das partidas orzamentarias correspondentes, detectou unha serie de eivas que nos levan a solicitar a nulidade de pleno dereito dos acordos aprobados no Pleno de Organización.

Entre esas eivas estaría unha redacción ambigua do informe do Interventor accidental, que dá lugar a equívocos, a ausencia dun cálculo do que van supor as novas asignacións económicas, ausencia de explicación de como se van sacar os fondos para aumentar as partidas iniciais, ou mesmo que as partidas que se nomean non existen no orzamento aprobado no Pleno Municipal.

Para Tono Chouciño, "a documentación achegada ao Pleno, ademais de carecer dun elemento fundamental como é o Plan económico financeiro, incorre en imprecisións que son totalmente inadmisíbeis nun documento co que se pretende xustificar un aumento que, segundo os nosos cálculos, será de máis do 100% con respecto ao que tiñan asignado no pasado mandato os membros do equipo de goberno".

O BNG recorre as asignacións económicas aprobadas no Pleno Municipal de Organización