BO GOBERNO

O BNG demanda axilidade e transparecia na tramitación do novo PXOM

recorte capa especial pxom xaneiro 2018
Capa do especial PXOM editado en xaneiro do 2018

O BNG demanda ao Goberno Municipal que se tome a tramitación do novo PXOM coa seriedade que se merece, xa que marcará o futuro de Culleredo durante varias décadas.

Moitos dos anuncios realizados estes días na prensa correspóndense con demandas que o BNG viña realizanzo dende hai tempo, como o cálculo aberrante do crecemento poboacional ou o exceso de creación de vivendas.

Despois de afearlle o BNG no Pleno de Organización a desaparición da Comisión Especial do PXOM, o Alcalde anunciou a súa creación, pero 4 meses despois segue sen constituírse.
 

O BNG demanda axilidade e transparecia na tramitación do novo PXOM

O BNG de Culleredo manifesta a súa sorpresa logo das últimas novas aparecidas na prensa sobre a tramitación do proxecto do novo PXOM e a redacción dun "documento alternativo", dada a ausencia absoluta de información oficial dende o Goberno Municipal.

Tono Chouciño, voceiro do Grupo Municipal do BNG, demanda a convocatoria urxente da Comisión Especial do PXOM, desaparecida do organigrama municipal. Lembra que no Pleno de Organización, celebrado o 2 de xullo, o Sr. Alcalde de Culleredo anunciou a súa creación, despois de afearlle o BNG a súa desaparición "pero despois de case 4 meses segue sen constituírse. Seica ía haber "transparencia" e ían "tender pontes" coa oposición, pero todo o que atopamos é propaganda pagada cos nosos impostos".

Estes anuncios do Goberno Municipal a través da prensa supoñen o recoñecemento das demandas que o BNG ven facendo con insistencia desde hai tempo (supresión de urbanizábeis illados, cálculo aberrante de crecemento poboacional, exceso de creación de vivendas,...) e que xa se recollían no boletín especial editado en xaneiro de 2018.

O Grupo Municipal do BNG demanda ao Goberno Municipal que se tomen coa seriedade que se merece un asunto que marcará o futuro de Culleredo durante varias décadas, e que debería xestionarse en busca de acordos, procurando a unanimidade.

"Isto é difícil (remarca Tono Chouciño) cando dos 10 membros do goberno con algún tipo de dedicación remunerada, nengún é o responsábel de Urbanismo, como sería preciso nesta situación, cando hai un Proxecto de modificación do Plan Director do Aeroporto que pode alterar todo o marco normativo en que se basean os traballos feitos até este momento, e cando aínda teñen sen contestar as case 1200 alegacións presentadas polos veciños e veciñas. Traballo non lle falta".

O BNG demanda axilidade e transparecia na tramitación do novo PXOM