ELECCIÓNS MUNICIPAIS

O BNG de Culleredo presenta a súa candidatura completa de cara ás eleccións municipais de maio

Candidatura do BNG de Culleredo
Candidatura do BNG de Culleredo

A Asemblea Local do BNG de Culleredo aprobou o 17 de abril a lista completa da candidatura coa que a formación nacionalista se presentará para acadar a Alcaldía de Culleredo.

Destaca polo seu carácter interxeracional e pola ampla formación e experiencia en diferentes sectores, como a educación, a sanidade, ou as novas tecnoloxías.

Á candidatura súmanse, como independentes, persoas que ven no BNG de Culleredo a solución necesaria para rematar coa inacción do actual goberno municipal.

O BNG de Culleredo presenta a súa candidatura completa de cara ás eleccións municipais de maio

A candidatura do Bloque en Culleredo está conformada por 26 veciñas e veciños do municipio que suman unha ampla formación e experiencia en diferentes sectores, contando con profesionais en ámbitos como a educación, a sanidade, a cultura, os servizos sociais, a comunicación, as novas tecnoloxías... e que recollen ademais unha ampla representación territorial do concello, unindo a veciñanza das parroquias rurais e urbanas. A lista está encabezada por Tono Chouciño, veciño do Burgo e actual Concelleiro e Portavoz do BNG en Culleredo.

A Asemblea Local do BNG de Culleredo celebrada o pasado 17 de Abril, aprobou por unanimidade a lista completa coa que a formación nacionalista se presentará para acadar a Alcaldía de Culleredo. Na súa presentación destacouse tamén o carácter interxeracional da candidatura, composta por homes e mulleres de diferentes grupos de idade, incluindo estudantes universitarios, nais e pais con fillos en centros educativos públicos do noso concello, ou pensionistas.

A candidatura completa do BNG á Alcaldía de Culleredo suma ademais a membros independentes que vén no Bloque Nacionalista de Culleredo a solución necesaria contra a inacción do goberno municipal que ten paralizado o Concello de Culleredo. "A candidatura do BNG representa á sociedade de Culleredo: diversa, xoven, moderna, integradora... No Concello parecen estar a mandar as empresas e os especuladores, e que se esqueceron as necesidades da veciñanza", declarou Chouciño durante a presentación da candidatura. "Desde o BNG temos feito o diagnóstico do que Culleredo precisa e xuntamos o equipo coa experiencia para aplicar as solucións necesarias para que transformemos o noso concello nun modelo a imitar".

A lista completa está formada por:

1. Enrique Antonio Chouciño Garrido
2. María Beatriz Pérez Mosquera
3. Gonzalo Méndez Mosquera
4. Lorena Curros Neu
5. Jorge Longueira López (Independente)
6. Alba Pérez Barros
7. Verónica Rivadulla Deschamps (Independente)
8. José Luis Torres Arcas
9. María Dolores Castelo Canzobre
10. José Luis Núñez Calixto
11. Xosé María Bello Pose
12. Ana María Barbeito Caamaño
13. Iván Pardo Silva
14. María López Dans
15. Francisco Xabier Rioboo Núñez
16. Enriqueta Regueira Catoira
17. Ana Belén Veloso Rodríguez
18. Carlos Enjamio Carreira
19. José Antonio Castro Pardo
20. Narcisa Vázquez Varela
21. José García Alfonso

SUPLENTES
22. Ana María Calvo Conchado
23. José Carlos Fernández Andón
24. Manuel Anxo García Díaz
25. María Carmen Barros Sánchez
26. Antonio García García

O BNG de Culleredo presenta a súa candidatura completa de cara ás eleccións municipais de maio