O goberno municipal rexeita ofrecer compensacións ás persoas afectadas pola constante deficiente calidade da auga

Pleno de outubro de 2020, sobre a calidade da auga
Pleno de outubro de 2020, sobre a calidade da auga

O BNG propuña contrapartidas para os reclamantes verificados

Tamén se pediu a adecuación dos prezos da auga, tendo en conta que a empresa non paga canon por falta de contrato

O goberno municipal rexeita ofrecer compensacións ás persoas afectadas pola constante deficiente calidade da auga

O goberno municipal de Culleredo rexeitou a posibilidade de implantar compensacións para as persoas afectadas polos constantes episodios de turbidez na auga e tampouco accedeu a actualizar os prezos públicos á baixa. Estas eran as propostas do BNG para compensar á veciñanza pola deficiente calidade da auga no concello.

A empresa Gestagua, que presta o servizo de subministración da auga en Culleredo, non paga o canon municipal, xa que o contrato está rematado desde 2014 e sen dereito a prórroga. É dicir, o beneficio da empresa está sendo superior do previsto e o servizo non está cumprindo os mínimos, polo que sería viable unha actualización de prezos proposta polo BNG.

O Goberno local limitouse a votar en contra da moción presentada polo BNG sen ofrecer argumentos nin alternativa algunha que compense á cidadanía afectada por esta problemática, nin presentar proposta para a licitación dun novo contrato que garanta uns mínimos de calidade ou contemple compensacións ás persoas que reclamen. Unha vez máis, queda patente a incapacidade e inoperatividade do PSOE para gobernar Culleredo.

O goberno municipal rexeita ofrecer compensacións ás persoas afectadas pola constante deficiente calidade da auga