O Concello de Culleredo presenta alegacións sen buscar o consenso sobre a ‘pegada sonora’

Aeroporto de Albedro desde o Monte de San Miguel
Aeroporto de Albedro desde o Monte de San Miguel

As alegacións non piden o peche nocturno do aeroporto, tal e como anunciara o goberno local.

Foron presentadas aos grupos este venres, último día do prazo xa prorrogado.

O expediente non acredita que a asesoría contratada “estea capacitado para a execución do contrato”.

O alcalde non entregou o informe que indicaba que as vivendas quedarían fóra de ordenación, e que leu no pleno.

O Concello de Culleredo presenta alegacións sen buscar o consenso sobre a ‘pegada sonora’

O Alcalde de Culleredo recúa e non pedirá o peche nocturno do aeroporto, tal e como prometera. As alegacións elaboradas polo goberno municipal non piden limitar o horario de 7 a 23 horas no aeroporto, o que evitaría o nivel de ruído que determina a isófona dos 50 dB, e que implica afectacións de servidumes legais a unha gran parte do territorio municipal con restriccións urbanísticas.

Despois de incumprir o compromiso do Sr Rioboo de levar as alegacións a Pleno, de adiar varias veces a reunión da Comisión Especial do Aeroporto e de convocala, por fin, o último día do prazo, —que xa antes fora prorrogado a petición do BNG á Dirección Xeral de Aviación Civil—, reuníuse por fin a Comisión Especial do Aeroporto de Culleredo para “A toma de coñecemento das alegacións…”, é dicir, que non se sometía a votación. Iso a pesar de ter pedido a semana pasada achegas dos grupos políticos municipais. O BNG atendeu esa petición coa achega das súas propias alegacións que por outra parte xa presentou no rexistro da Dirección Xeral de Aviación Civil. O Sr Rioboo quéixase do labor da oposición pero cando se lle fan propostas que eles mesmos demandan, rexeitaas con total desprezo.

O alcalde anunciara que se contrataría unha asistencia técnica especializada para a redacción das alegacións, pero no expediente non consta a acreditación da capacidade técnica da asistencia contratada. Así o explica o informe da Secretaria Municipal. A contratación tamén leva reparo da Interventora e é informado tamén polo Xefe de Servizo de Economía como “Non é posibel emitir informe dirixido ao organo de contratación favorable á contratación proposta”.Tampouco quixo aportar Rioboo o informe que leu no Pleno de novembro, mentras contestaba ao BNG que as vivendas quedarían “fora de ordenación”; tal como se comprometera naquel momento.

As alegacións do BNG foron contrastadas con técnicos xurídicos e con veciñanza afectada. Serven de modelo para a alegación xenérica que puxemos a disposición da xente. Teñen chegado peticións do formulario mesmo de Concellos veciños. Recollen a petición dunha exposición pública onde non sexamos os viciños quen busquemos as implicacións por medio dunha maraña legal, senón que sexa a administración quen nos proporcione todos os datos relevantes para a afectación ás nosas vivendas. Tamén un plan de insonorización e compensacións como é debido e o horario que descarte a franxa nocturna de 23 a 7 horas, o que eliminaría a maior parte da afectación.

 

O Concello de Culleredo presenta alegacións sen buscar o consenso sobre a ‘pegada sonora’