O concello de Culleredo, condenado a repagar, unha vez máis, por parcelas do colexio Vila de Rutis

CEIP Vila de Rutis
CEIP Vila de Rutis

A parcela nº 5 cuadriplicará o seu prezo final e case 200.000 euros sairán das arcas municipais

O BNG pregunta como afectará ao orzamento e se queda algunha sorpresa máis sobre estes terreos

Tamén houbo que engadir pagos pola parcela nº 7

O concello de Culleredo, condenado a repagar, unha vez máis, por parcelas do colexio Vila de Rutis

Os terreos nos que se construíu o CEIP Vila de Rutis seguen aumentando de prezo varios anos despois da finalización das obras para erguelo. Agora, o concello de Culleredo vese condenado firmemente a pagar 189.360,58 € á Fundación Barrié por unha das parecelas sobre as que se construíu a nova escola de Vilaboa, incluidos os xuros, e alén do montante xa aboado no seu momento.

A sentenza ten data de 5 de febreiro de 2019, polo que non se entende que non se procedera ao seu pago ata o de agora; polo que, o BNG de Culleredo insta ao goberno municipal a aclarar se quedan máis pagos pendentes e como van afectar estes pagos ao orzamento municipal en curso.

Non é a primeira vez que se ten que pagar sobre o xa aboado polos terreos deste centro educativo, xa que por outra das parcelas tamén houbo que pagar por riba do seu prezo fixado inicialmente. Neste sentido, o BNG tamén pregunta ao goberno municipal se haberá máis sorpresas e as arcas municipais terán que facerse cargo de máis pagos aos expropiados para a construción desta escola.

CEIP Ría do Burgo
O caso fainos lembrar os 1.560.000 € que o concello de Culleredo foi condenado a pagar por terreos que foron usados para a ubicación do colexio Ría do Burgo hai uns poucos anos. A historia vai camiño de repetirse, coa sangría de cartos públicos que supón.

O concello de Culleredo, condenado a repagar, unha vez máis, por parcelas do colexio Vila de Rutis