O BNG de Culleredo solicita a suspensión da tramitación da pegada sonora ata facer os datos accesibles aos afectados

mapa
Os mapas aportados non son claros

A xente está consultando ao BNG porque o Concello non está informando

A lei establece que a información ha de ser clara, intelixible e de fácil acceso

Ten que poder consultarse a referencia catastral de cada un e que se obteña a información completa

O BNG de Culleredo solicita a suspensión da tramitación da pegada sonora ata facer os datos accesibles aos afectados

O BNG de Culleredo rexistrou unha solicitude á Dirección Xeral de Aviación Civil, na que reivindica o dereito dos cidadáns á unha información clara, intelixible e de fácil aceso, polo que solicita que suspenda a actual tramitación da ‘pegada sonora’ do aeroporto de Albedro ata que se poña a disposición da veciñanza afectada un mapa dixitalizado fusionado co catastro. É dicir, que o plano de afectación sonora sexa accesible coa superposición das referencias catastrais, o que faría moito máis doado entender se unha propiedade está dentro da delimitación proposta.

Así o establece a Directiva Europea sobre avaliación e xestión do ruído ambiental, en base á cal o BNG de Culleredo propón o aprazamento das alegacións. En plena era tecnolóxica e co contexto da pandemia mundial é necesario que as dúbidas poidan ser consultadas utilizando todos os medios dos que dispoñen as administracións. Ademais, os prazos tamén han de ser razoables para que a poboación dispoña de tempo abondo para intervir na defensa dos seus intereses segundo proceda.

A petición do BNG tamén inclúe que os datos dixitais se proporcionen en formatos abertos, para facilitar que se poidan elaborar diferentes tipos de planos, con utilidades variadas, segundo as necesidades da cidadanía.

O BNG de Culleredo solicita a suspensión da tramitación da pegada sonora ata facer os datos accesibles aos afectados