O BNG de Culleredo lamenta a decisión de Educación ao desestimar o recurso contra a eliminación do bacharelato da Laboral

laboral_IMG_20200217_142149
Mobilizacións en contra da decisión de eliminar o bacharelato da Laboral

A Consellería limítase a responder que ten poder para facelo, sen resolver as dúbidas do colectivo afectado

O BNG de Culleredo lamenta a decisión de Educación ao desestimar o recurso contra a eliminación do bacharelato da Laboral

O BNG de Culleredo recibíu resposta da Consellería de Educación que vén de desestimar os recursos contra a eliminación do bacharelato do I.E.S. Universidade Laboral, presentados polo voceiro municipal así coma outros membros da comunidade educativa do concello, e desoe os argumentos que lle foron trasladados.

O escrito segue sen responder a cuestións chave sobre o proxecto, como prazos e orzamentos para transformar o edificio as Mariñas para acoller o bacharelato, ou onde e como consultalo, e limítase a dicir que garantirá a escolarización do colectivo afectado, sen aclarar detalles.

O BNG de Culleredo lamenta o escurantismo e a nula intención de diálogo amosada pola Consellería de Educación neste caso, ignorando completamente á comunidade educativa, insistindo nunha decisión que non ten apoio social que é rexeitada polo colectivo afectado; o cal se reflicte perfectamente no escrito de desestimación, onde o primeiro argumento simplemente é que “O secretario xeral técnico da Consellería de Educación [...] é competente para resolver o presente recurso”, ou “que a orde impugnada é unha disposición de carácter organizativo, que entra, polo tanto, no ámbito da potestade de autoorganización da administración.

O I.E.S. Rego de Trabe acollerá a todo ese alumnado de bacharelato, mais só administrativamente, xa que por motivos de sobrepoboación do centro, terán que continuar os seus estudos en instalacións do I.E.S. Universidade Laboral, concretamente no edificio de “Mariñas”, onde se viñan impartindo ensinanzas profesionais da familia marítimo-pesqueira, que serán trasladadas a outras dependencias dentro do propio centro.

O BNG de Culleredo insiste, unha vez máis, en que se tome en serio a organización educativa no concello de Culleredo e que se deixen de aplicar parches e solucións que só van a servir temporalmente, mentres os problemas de fondo -como o dos centros desbordados ou a falta crónica de solucións reais para ensino no rural- seguirán enquistándose.

O BNG de Culleredo lamenta a decisión de Educación ao desestimar o recurso contra a eliminación do bacharelato da Laboral