Rosana Pérez pide no Congreso que se remate co proxecto de rexeneración da ría do Burgo

Rosana Pérez pide no Congreso que se remate co proxecto de rexeneración da ría do Burgo

Madrid, 15 Outubro 2013. A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou na Cámara unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamentar na que insta ao Goberno a iniciar con urxencia a redacción do proxecto de rexeneración medioambiental da Ría de O Burgo.

Ademáis, pide ao Goberno central que se estabeleza un calendario de actuacións, coas dotacións orzamentarias correspondentes que permitan cumprir a Directiva Marco da Auga.

Rosana Pérez lembra a visita da delegación de eurodeputados no pasado mes de febreiro á Ría de O Burgo que serviu para que o presidente da delegación cualificase de “escándalo” a situación medioambiental da ría coruñesa.

O Goberno central pasa da Ría do Burgo

Máis, lamenta a deputada do BNG, os Orzamentos Xerais do Estado 2014 poñen de relieve o “nulo interese do Goberno por acometer a mellora da Ría posto que adica cero euros a esta necesaria actuación”. Acusa ao Executivo central de practicar a “desidia máis absoluta que está a levar á desaparición da actividade dos traballadores do mar nesa zona”.

A falla de partida para a Ría do Burgo convirte en inviábel o cumprimento da directiva Marco da Auga.

A deputada do BNG pón de manifesto que as lamas de materia orgánica e fecal chegan case aos dous metros de altura. E denuncia que nunha resposta do Goberno a esta deputada sinalaba que no mes de setembro se farían públicos os resultados das novas mostras realizadas polo Centro de Experimentación e Obras Públicas (CEDEX).

Rosana Pérez pide no Congreso que se remate co proxecto de rexeneración da ría do Burgo