Constituídos os primeiros Consellos Sectoriais de participación

Constituídos os primeiros Consellos Sectoriais de participación

Esta semana tiveron lugar as sesións constitutivas dos Consellos Sectoriais de Educación e Benestar, 9 meses despois da súa creación en Pleno Municipal, e logo da petición rexistrada polo representante do BNG-Asembleas Abertas, Tono Chouciño, á vista da gravidade dos problemas que se acumulan en ambas áreas.

O representante nacionalista destacou a elevada participación dos representantes veciñais nestas primeiras xornadas, onde xa xurdiron algunhas das cuestións que preocupan e afectan a gran parte dos nosos veciños e veciñas, como son a dotación sanitaria e educativa ou as deficiencias no transporte público no noso Concello.

A nota negativa, o descoñecemento do funcionamento dos Consellos de participación por parte dos propios representates do Goberno Municipal, cando a súa regulación foi elaborada por este Goberno e aprobada a principios desta lexislatura, e as significativas ausencias de representantes dalgúns dos grupos da oposición.

Malia isto, Tono Chouciño destacou que foron unhas reunións "moi construtivas, un bo comezo, saín coa sensación de que en Culleredo tamén é posíbel facer política participativa e positiva, para a xente e coa xente".

Constituídos os primeiros Consellos Sectoriais de participación