O BNG denuncia a paralización da obra do novo Instituto

O BNG denuncia a paralización da obra do novo Instituto

P1020681 rdx rcAs obras do novo IES, que comezaron a finais de outubro nos terreos do Parque de Acea de Ama, levan perto dun mes paradas trala aparición dun misterioso cable eléctrico soterrado.

Nun primeiro intre a Consellaría de Educación informou de que o problema sería solventado de xeito inmediato, mais a día de hoxe segue sen haber presenza na zona de maquinaria nen de obreiros.

Dende o Bloque Nacionalista Galego de Culleredo demandamos dos Gobernos da Xunta e do Concello que fagan público as medidas se teñen tomado dende a aparición dos clables, cal é o estado en que se atopa a operación de retirada dos mesmos, cando prevén reanudar as obras do Instituto e como vai afectar esta paralización aos prazos da obra.

Finalmente reiteramos as nosas demandas de que o novo IES estea listo para o inicio do vindeiro curso, de axilizar e dotar económicamente as obras do novo Colexio de Infantil e Primaria que a Consellaría decidiu destinar tan só 20.000€, e de prever a necesidade de construír un segundo CEIP, dada a evolución demográfica do noso Concello.

O BNG denuncia a paralización da obra do novo Instituto