Aprobación da candidatura do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo

Aprobación da candidatura do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo

Este martes aprobouse a candidatura coa que o BNG-Asembleas Abertas de Culleredo concurrirá ás vindeiras eleccións municipais. A lista supón unha profunda renovación con respecto á presentada no 2011 encabezada por Raquel Jabares, que este ano pecha a lista, tras anunciar a súa decisión de non optar a encabezar a candidatura.

Destaca a incorporación de seis personas independentes das 21 titulares, cinco delas nos primeiros postos, entre elas o candidato, Tono Chouciño, quen  presentou a candidatura coma unha "grande equipa, multidisciplinar, plural, paritaria, con todos os ánimos para servir ao pobo"

Un Concello de 30.000 habitantes con servizos para 13.000

Candidatura BNG (43) rdx rcNa súa intervención fixo fincapé en que durante os 32 anos de goberno de Julio Sacristán Culleredo pasou de 13.000 habitantes a case 30.000, e a pesar do incremento dos orzamentos non se produciu un aumento proporcional nos servizos municipais. Exemplos de como perdemos por goleada nunha comparativa con calquera dos concellos veciños son as dúas bibliotecas públicas, a principal pechada sine die, os barracóns para impartir clases nos colexios, o servizo de transporte público totalmente deficitario, ou o urbanismo irracional.

Fronte a esta situación, Tono Chouciño puxo o exemplo do traballo e actuacións do BNG no seu paso polo Concello, demostrando que hai formas distintas de facer política, como foi o caso da Comisión Municipal contra os Desafiuzamentos, que en colaboración coas asociacións e colectivos implicados logrou que en Culleredo non houbera un só despexo hipotecario durante o período en que funcionou regularmente. Expresou tamén o compromiso de abrir o concello aos veciños e veciñas, e poñer a estes e ás súas necesidades como eixo da acción de goberno.

Esta é a candidatura para cambiar Culleredo:

1.- Antón Chouciño Garrido, Tono.- Independente – Informático na Consellaría de Facenda. Diplomado en Ciencias Empresariais.

2.- Rocío Sampedro – Hixienista dental no SERGAS - Master en Dirección e Xestión de Centros de Servizos Sociais pola UdC. Concelleira do BNG, responsábel entre 2011 e 2013 da Concellaría de Sanidade, Muller e Consumo.

3.- Suso Baños – Independente - Oficial de Notaría e Guía Turístico.

4.- Alba Pérez – Traballadora do sector do comercio. Licenciada en Filoloxía Clásica pola USC. Membro de Galiza Nova.

5.- Manuel Anxo García – Técnico de Telecomunicacións. Delegado da CIG.

6.- Ana Brandón – Independente - Traballadora autónoma no sector da educación. Licenciada en Filoloxía Inglesa pola UdC.

7.- Manuel Baldomir – Independente - Mariscador a pé na Ría do Burgo. Expresidente dos mariscadores e na actualidade membro dos órganos de goberno da Confraría da Coruña.

8.-  Marlene Anaya – Independente - Traballadora do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, da Consellaría de Medio Rural e do Mar.

9.- Xosé Luís Torres – Traballador do sector da madeira. Participante activo no movemento veciñal.

10.- Teresa Ramiro – Mariscadora a pé na Ría do Burgo. Poeta e integrante do Colectivo Literario “In nave Civitas”.

11.- Fco. Xabier Rioboo – Técnico Auxiliar de Electricidade en paro. Responsábel Local do BNG.

12.-Ana Belén Veloso  – Profesora Secundaria Ensino Público

13.- Luís Puente Castelo – Filólogo e investigador na UdC. Membro de Galiza Nova

14.- Mª Xosé Ramas  – Traballadora Sector Servizos

15.- Xosé Abeledo  – Electricista

16.- Isabel Montero – Deseñadora Industrial

17.- Antón García Caxete  – Enxeñeiro Técnico Informática de Xestión pola UdC. Traballador da Xunta de Galiza.

18.- Narcisa Vázquez – Traballadora da Xunta

19.- Raúl Sánchez  – Independente - Traballador Sector Metal. Delegado da CIG

20.- Xosé García  –  Mestre xubilado Primaria Ensino Público

21.- Raquel Jabares  – Filóloga - Portavoz do BNG no Concello.

Suplentes

1.- Francisco Lampón  – Taxista

2.- Mª do Carme Barros  –  Independente - Coidadora

3.- Antón García García  – Parado do sector da construción

4.- Dorotea Carro  – Pensionista

Aprobación da candidatura do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo