NOVAS

O BNG propón acudir á financiación europea para o proxecto da Cros

O edificio da fábrica da Cros ten que ser recuperado canto antes, para non deixar morrer unha das escasas mostras de arquitectura industrial de Galiza. En primeiro lugar, deberá de acometerse un estudo do estado da descontaminación das parcelas. O BNG propón aproveitar esta instalación para ofrecer servizos culturais, sociais e asistenciais, para o que preparará un proxecto de ámbito supramunicipal co que acudir aos novos Plans de Financiamento Europeo 2021.

O BNG propón acudir á financiación europea para o proxecto da Cros