publicidade
Novas
Proxecto de Vial18 e novo vial paralelo

O BNG demanda a exposición pública dos proxectos relacionados co Vial18

A engádega dun novo viario, acordado entre o Goberno de Rioboo e o Ministerio, sen sometelo a exposición pública, xera indefensión entre as persoas afectadas.

A exposición debera incluír tanto ese novo vieiro paralelo ao proxectado inicialmente, como o proxecto de duplicación da AP9 ao seu paso por Vilaboa, até a área de servizo.

Os proxectos do Estado e da Xunta para o Vial18 e a Vía Ártabra parecen encamiñados a xerar tráfico na AP9, en beneficio da empresa explotadora.

As infraestruturas viarias deben planificarse consensuadamente a nivel comarcal, sempre buscando  o beneficio social do conxunto da cidadanía.

As contínuas engádegas e modificacións do proxecto do Vial18 veñen a demostrar a súa improcedencia, debendo retomarse a opción de conexión en Almeiras a través da área de servizo e do vial do aeroporto.
 

Ler novas
Novas
2018 01 25 pleno rc

O BNG pide a revisión do contrato de Gabinete de Prensa

Despois de solicitar en repetidas ocasións información sobre o contrato, o que finalmente facilitou o Goberno Municipal ten data de xaneiro de 2018 e vixencia anual, non constando contrato anterior.

As facturas deste servizo viríanse sucedendo mensualmente durante un período superior a un ano, antes de que aparecera por arte de maxia ese contrato de inicios de 2018.
 
A lei prohíbe expresamente a contratación verbal ás Administracións Públicas, que suporía a omisión total e absoluta dos procedementos legalmente establecidos.
 
Ademais de vulnerar as normas de contratación pública poderíase estar a incurrir tamén en cesión ilegal de traballadores, vulnerando a lexislación laboral.
Ler novas
Novas
recorte feira

O BNG pregunta pola organización da Feria de Artesanía

Como se publicitou a convocatoria para a instalación dos postos da feira de Artesanía que tivo lugar no Burgo o 17 de maio? Cal foi o mecanismo de asignación deses espazos?

A Feira, anunciada polo Concello de Culleredo co gallo do 17 de maio, tivo lugar nun espazo público.

Sendo unha actividade que implica un lucro para as persoas adxudicatarias, o proceso de adxudicación dos postos debería ter a máxima transparencia e garantir a igualdade de oportunidades.

Ler novas