parques
Novas
Rotura da cuberta do parque das Brañas

A obra de construción da cuberta que rompeu nas Brañas levaba meses paralizada

A obra non fora recibida, pero si pagada ao 90%.

A proxecto tiña un prazo de execución de 6 meses que a adxudicataria reduciu a 2.

O contrato establecía penalizacións por demora na entrega.

O 2 de outubro de 2020 a estrutura rompe e hai que desmontala, non se sabe a cargo de quen, 15 meses despois de que se tivera que ter entregado.

Ler novas
Novas
Rotura da cuberta do parque das Brañas

O BNG esixirá responsabilidades pola rotura da cuberta do parque das Brañas

A obra rompe antes de recibila pero está pagada nun 90%.

Hai dous meses o BNG preguntou por que estaba valada unha obra que debía terse recibido hai máis dun ano. Pedirá depuración de responsabilidades.

A Deputación, que financiou a obra a través do POS 2018, debería investigar o sucedido.

O incumprimento dos pregos de contratación é habitual nas obras municipais.

Hai máis obras que están sen recibir e abertas ao público, coa responsabilidade conseguinte para o Concello.

Ler novas
Novas
estrutura cuberta parque Tierno Galván

O BNG interésase pola situación da cuberta do parque infantil do Paseo de Tierno Galván

O BNG recibiu numerosas queixas veciñais polo peche prolongado deste espazo e pola presenza de columnas no espazo de xogos infantís.

O 29 de maio o BNG dirixiu un escrito ao Goberno Municipal interesándose polo sistema empregado na execución das unións entre as columnas e a cuberta.

O 3 de xuño o Goberno Municipal informou do traslado desa solicitude ao Servizo de Medio Ambiente, Servizos e Obras, pero a día de hoxe aínda non temos constancia da elaboración do informe.

Unha vez máis en Culleredo estaríamos perante unha obra que se executa dun xeito distinto ao establecido no Prego de condicións técnicas.

Ler novas