información
Novas
portada voceiro xaneiro 2018 especial PXOM

O BNG exixe un novo período de información pública do PXOM

Hai precedentes que apoian a demanda dese novo período de exposición pública, dada a importancia das modificacións introducidas no proxecto dende a anterior, no 2013.

A Memoria Ambiental da Xunta lembra a súa necesidade para o caso modificacións substanciais entre a aprobación inicial e o que se someta a aprobación provisional, como é o caso.

Ler novas
Novas
CD PXOM OUTUBRO 2016

O BNG demanda información completa do PXOM

A información facilitada polo Goberno Municipal en outubro non incluía nengunha das modificacións con respecto á aprobación inicial de 2013.

Ao comparar esa información coa Memoria Ambiental comprobamos que existen numerosas discrepancias, como un ámbito da Zapateira que aumentou 120.000 m².

Dada a complexidade e a cantidade de información a analizar solicitamos asistencia técnica na sesión constitutiva da Comisión Especial do PXOM que se celebrará este mércores día 30.

Ler novas
Novas
20170418 paso peóns electo carballo n550

Falta de información na apertura do Centro de Saúde do Portádego

A falta de 5 días para a súa apertura aínda non se notificaron os cambios ás persoas afectadas. Débese garantir a posibilidade de optar a un profesional en horario de tarde para poder conciliar coas obrigas laborais e escolares, e evitar a saturación do Servizo de Urxencias.

Dende a N550 (Avda. de Vilaboa e Avda. González Garcés) é imposíbel chegar a pé ao novo centro usando as beirarrúas e os pasos de peóns, moito menos en cadeira de rodas.

Ler novas
Novas
trazado alta tensión, paisaxe afectada

Demandamos información sobre a nova liña de alta tensión

En Culleredo levamos a preguntar dende o Pleno de setembro pola información da que dispón o Goberno municipal, demandando que se transmita á veciñanza, sen que a día de hoxe saibamos nen sequera se presentaron alegacións ao proxecto, malia que o noso Concello é un dos máis afectados polas alternativas de trazado propostas.

Ler novas