goberno
Novas
A Garrocha

O goberno municipal segue instalado no obscurantismo

Seguen sen explicar cando se deixou de cobrar o canon anual á concesionaria da Garrocha, que importes se deixaron de cobrar e que importes estarían prescritos.

Seguen sen explicar por que non se recepcionan as obras do muro de contención do Río Trabe.

Néganse á petición veciñal dunha nova exposición do proxecto de PXOM.

Empregan xustificacións absurdas para rexeitar as alegacións aos orzamentos.

Ler novas
Novas
A Garrocha

O Goberno Municipal de Culleredo tenta fuxir das súas responsabilidades

Alcalde e Concelleiros protagonizaron unha fuxida á carreira do Pleno Municipal celebrado o pasado xoves, ante a súa incapacidade para contestar as preguntas formuladas por Tono Chouciño.

Os responsabeis municipais non foron quen de explicar se o concesionario das instalacións municipais do Clube Deportivo da Garrocha está ao corrente de pago do canon.

Tampouco souberon explicar porque aínda non se celebrou o acto de recepción da obra do muro de contención no Río Trabe, obrigatorio pola Lei de Contratos.

Ler novas
Novas

O BNG demanda responsabilidade do Goberno Municipal

Todos os anos o Goberno de Culleredo repite as mesmas excusas, sen que se aprecien melloras no control da limpeza dos soares nin no control das distancias ás casas de plantacións de especies que axudan a propagar o lume.

Pola súa parte AENA ten requirido ao Concello a corta de árbores na zona de afectación do aeroporto. Que se ten feito con respecto a isto? 

As autoridades deben tomarse en serio as súas responsabilidades.  

Ler novas
Vídeo
O Goberno de Culleredo sempre a remolque

O Goberno de Culleredo sempre a remolque

Como ven sendo habitual, o goberno de ‪#Culleredo sempre mal e arrastro, esta vez co anuncio da campaña de desbroces nas estradas municipais logo de que Tono Chouciño llo lembrara no último pleno, desbroces que xa deberían estar feitos tal e como recolle o contrato polo que pagamos case 140.000€ ao ano.
Ler novas