O BNG de Culleredo denuncia o incumprimento do proxecto de reforma da Praza de Galiza do Burgo
O estado actual de desenvolvemento da obra de reforma da Praza de Galiza e a súa contorna deixa en evidencia a eliminación de 10 prazas de aparcamento, contra o recollido no proxecto
Filtracións continuadas e novas fendas no garaxe situado baixo a praza evidencian que os traballos de impermeabilización non son efectivos
O BNG solicitou xustificación das modificacións do proxecto