ensino
Novas
CEIP Ría do Burgo

O BNG esixe ao goberno municipal a cobertura inmediata do posto de conserxería no CEIP Ría do Burgo

Dende hai máis de 15 días non se está a prestar no CEIP Ría do Burgo o servizo de conserxería, unha responsabilidade municipal.

A pesar de contar con listas de substitución vixentes, o Concello non cubriu polo momento esta vacante.

Mentres tanto, profesorado do centro está a exercer esas funcións que non lle son propias, incluindo a apertura e peche do centro.

Ler novas
Novas
Conservatorio Municiapal de Música de Culleredo

O BNG propón revisar os prezos do conservatorio para facer máis accesíbel o acceso ao ensino musical

O custo para as familias con alumnado no Conservatorio de Culleredo é claramente dos máis elevados do país.

A moción do BNG procura achegar os prezos a outros centros de similares características en Galiza, así como incluír diferentes bonificacións atendendo á situación das familias.

A Xunta de Galiza debe asumir as súas competencias en materia educativa para rematar con esta situación de desigualdade.

Ler novas
Novas
CEIP Vila de Rutis

O concello de Culleredo, condenado a repagar, unha vez máis, por parcelas do colexio Vila de Rutis

A parcela nº 5 cuadriplicará o seu prezo final e case 200.000 euros sairán das arcas municipais

O BNG pregunta como afectará ao orzamento e se queda algunha sorpresa máis sobre estes terreos

Tamén houbo que engadir pagos pola parcela nº 7

Ler novas
Novas
Aula baleira

O BNG de Culleredo reclama a convocatoria do CEM para informar do próximo curso

O BNG reuniuse con ANPAS e percibiu intranquilidade nas familias sobre o inicio do curso en Setembro.

O CEM sería o órgano acaído para ter información da representante da Consellería de Educación.

O Goberno Municipal, que preside o CEM, pode convocar un Consello extraordinario dese órgano.

Ler novas