emendas
Novas
Entre as emendas rexeitadas está a que solicitaba melloras no entorno de Fonte da Balsa

Rexeitadas todas as alegacións veciñais ao orzamento

Malia a defensa feita polo BNG da validez, xustiza e sensatez das alegacións feitas pola veciñanza de Culleredo ao orzamento 2022, o goberno de Rioboo rexeitounas todas.

A veciñanza de distintos lugares do noso Concello solicitaba adecuación de camiños a núcleos urbáns, completar a rede de saneamento e de subministro de auga potable.

O Goberno Municipal segue sen dar solución a demandas veciñais históricas.
 
Ler novas
Novas
estrada AC400 en Celas, nas proximidades da escola unitaria

O BNG demanda melloras na seguridade viaria

A través dos representantes do BNG no Parlamento tramitamos emendas aos orzamentos da Xunta para a mellora na seguridade nas estradas de titularidade autonómica AC213, entre O Burgo e A Telva, na AC523 ao seu paso por Ledoño e na AC400, entre Vinxeira e Celas.

Ler novas