laboral
Novas
Parque deportivo de Acea de Ama

O BNG solicitará beirarrúas e alumeado para o parque de Acea de Ama

Non existen nin iluminación nin espazos de paso suficientes para peóns a pesar do tráfico de vehículos a centros educativos e deportivos

O concello aprobou un plan para a Universidade Laboral hai máis de 10 anos, pero non se acometeu ningunha acción

Ler novas
Novas

O BNG leva ao Parlamento a defensa do Bacharelato na Universidade Laboral

O vindeiro martes 21 de xaneiro, o Deputado nacionalista Xosé Luis Rivas "Mini" presentará na Comisión do Parlamento unha Proposición Non de Lei esixindo á Xunta de Galiza o cese na súa proposta de eliminar os estudos de Bacharelato na Universidade Laboral.

A iniciativa inclúe propostas para crear un novo centro de Educación Secundaria na área rural de Culleredo e dotar o IES Eduardo Blanco Amor e o IES Rego de Trabe das instalacións precisas e establecidas por Lei para dar cobertura ao alumnado actual e futuro.

Ler novas
Novas
2018 01 11 laboral sen árbores

Queixas polas talas no recinto da Laboral

O BNG reclama á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta coñecer o resultado da avaliación do estado das árbores, anunciada o ano pasado trala caída dunha sobre varios coches estacionados no recinto.

Cómpre compatibilizar a seguridade das persoas usuarias das instalación coa posta en valor do espazo natural, compensando as árbores taladas e substituíndo as especies foráneas, como os eucaliptos, coa plantación de especies autóctonas, poñendo en valor este espazo natural para o lecer dos nosos veciños e veciñas.

Ler novas