novo
Novas
verquido 20170922

Novo verquido no Río Valiñas

É a segunda vez en 10 días que veciños da zona se poñen en contacto co BNG-Asembleas Abertas de Culleredo denunciando feitos similares, dos que se deu translado ao SEPRONA, á Policía Local e ao 112, así como a asociacións de defensa da natureza.

Ler novas
Novas
consúmase o retraso na construción do novo colexio

PSOE e PP rexeitan a urxencia do novo colexio

Dende o BNG solicitamos estudar a posibilidade de empregar os remanentes positivos que nos últimos anos está a ter o Concello de Culleredo para acelerar e mellorar a obra do novo colexio, mediante a sinatura dun convenio coa Xunta, posibilidade recollida na "Guía de colaboración pública horizontal" de Galiza.

Tono Chouciño comprometeuse a continuar os contactos para avanzar nesta e noutras novas iniciativas

Ler novas
Vídeo
O BNG demanda a apertura do novo Colexio no curso 2017/18

O BNG demanda a apertura do novo Colexio no curso 2017/18

Tono Chouciño lembrou ao Goberno Municipal as resolucións unánimes do Pleno Municipal, PP e PSOE incluídos, en que se demandaba a urxencia do novo Colexio e a dotación de cociñas en todos os centros. É responsabilidade súa facelas valer ante a Xunta, de nada vale votar aquí a favor se despois damos o beneplácito cando ignoran as demandas dos veciños e veciñas de ‪#Culleredo.

Ler novas
Novas
O novo colexio carecerá de cociña

O novo colexio de Culleredo carecerá de cociña

O novo Centro de Infantil e Primaria que se vai a construir en Culleredo vai carecer de cociña na que elaborar as comidas dos nenos e nenas que utilicen o servizo de comedor no Centro, contando tan só cun espazo para a recepción e distribución do cátering, incumplindo así unha das demandas formuladas polas asociacións de pais e nais e que foi refrendada por unanimidade no Pleno Municipal dacordo coa moción presentada polo BNG-Asembleas Abertas de Culleredo.

Ler novas