OUTUBRO E NOVEMBRO DE 2017 - ASEMBLEAS ABERTAS COA VECIÑANZA

Durante os meses de Outubro e Novembro de 2017 levamos a cabo por todas as parroquias do concello Asembleas Abertas coa veciñanza para discutir temas de gran relevancia para o futuro de Culleredo como a participación veciñal nos orzamentos ou o desenvolvemento do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. 

O novo PXOM foi un dos temas máis discutidos nestas xuntanzas atopándonos cun gran interese por parte das veciñas e veciños de coñecer máis polo miúdo o estado actual do novo proxecto de PXOM. Certificamos que a veciñanza descoñece o Plan que o Concello pretende aprobar, e que existe un forte malestar perante as modificacións que se teñen efectuado desde a exposición pública en 2013 e que modifican sustancialmente o proxecto de PXOM.

Compartimos e analizamos xunto á veciñanza o informe publicado pola Consellería de Medio Ambiente no que se realizan numerosas advertencias e suxestións que o Concello terá que ter en conta á hora de presentar un proxecto para a aprobación provisional. Todas estas advertencias e os datos que a Xunta recolle no seu informe amosan, unha vez máis, que o proxecto remitido ao goberno autonómico pouco ten que ver con aquel amosado aos veciños en 2013.

Seguiremos a loitar para que a veciñanza de Culleredo poda coñecer en detalle o recollido no proxecto de PXOM antes da súa aprobación provisional.

 

IMG_1015

IMG_1190

IMG_1398

22426447_1103347936462848_7972623163026964492_o