Concelleiros

Tono Chouciño - Concelleiro e Portavoz do BNG en CulleredoEnrique Antón Chouciño Garrido, Tono (Malpica, 1966)

Concelleiro e Portavoz do BNG - Asembleas Abertas de Culleredo

Casado e con 3 fillos, leva máis de 16 anos vivindo en Culleredo, primeiro en Fonteculler e actualmente no Burgo. Diplomado en Ciencias Empresariais, traballa como Informático na Consellaría de Facenda.

Ten participado e colaborado social e sindicalmente en diversas iniciativas, o que o levou a entrar en contacto co BNG de Culleredo e, finalmente, aceptar a proposta de encabezar a candidatura do BNG-Asembleas Abertas.

"Cando viñemos vivir a Culleredo a miña filla máis vella tiña uns meses e foi á escola infantil A Tartaruga, da que teño un grato recordo. Botei 10 anos visitando ese centro a diario e fun vendo como o crecemento demográfico de Culleredo non tiña correspondencia coas prestacións aos veciños, primeiro de Escola Infantil, despois de Escolas de Primaria, e máis tarde de Institutos. Tamén se pode dicir o mesmo doutros servizos: Centro de Saúde, Bibliotecas... Culleredo pasou de 13.000 habitantes nos 80 aos case 30.000 actuais e as infraestruturas e servizos non o fixeron ao mesmo ritmo nin de lonxe. O resultado é un Concello que quedou atrás si o comparamos co resto da comarca.

Coa implicación dos veciños e das veciñas, coa súa participación no bo goberno do noso Concello, seremos quen de cambiar Culleredo e convertelo nun modelo a imitar, como xa sucede con outros concellos que no seu día confiaron no BNG, como Allariz, Pontevedra ou Ribadeo, e que hoxe son referentes, incluso a escala mundial, de bo facer e de traballar para mellorar a vida da súa xente."

As persoas que formamos parte da candidatura do BNG - Asembleas Abertas de Culleredo comprometémonos a demostrar día a día que nen os políticos nen as formas de facer política son todas iguais. Porque vivimos a pé de rúa este momento difícil para a maioría social deste país e deste concello. Porque en Culleredo chegou a hora de soltar lastre e coller os remos para chegar a bo porto.